domingo, 17 de febrero de 2013

Proxecto Final Ed.Física 6º

Estimados alumn@s:
Achégase o final de curso, e por tanto de ciclo para a maioría,ou mellor dito para todos!!.E coma xa vos contei en setembro, a principios de curso, tedes que elaborar un proxecto conxunto (pode ser por parellas) dende a área de Ed.Fisica e a actividade complementaria de Informática.Trátase de unir ambas, e elaborar un traballo ben en word, o power point,paint...

A temática versa sobre a asignatura de Ed.Física para Primaria: búsqueda de información,comprensión de conceptos, contidos, actividades, deportes,dende os diferentes bloques de contidos da área.
A través de word ou PPT, axudaravos a introduciros na temática de cursos superiores e para posibles presentacións de traballos futuros, xa que nos tempos que corren as novas tecnoloxías son o presente e futuro da educación vindeira.

Os puntos a tratar poreinos de novo(xa están de cursos anteriores), e a información podedes atopalas neste humilde blog ou en outras plataformas virtuais.Leede, seleccionade,resumide,e poñede os contidos adaptados a vosa idade!!!.Non vale copiar e pegar!!.

Conseguiremos profundizar un pouco na materia, presentar traballos en word e ppt, asentar aprendizaxes de informática e prepararse para a área de Ed.Fisica teórica da ESO.

Pautas e partes do proxecto a presentar antes do 12 de xuño (mércores) 2013.
-Letra Arial ou Times New Roman, Tamaño letra 12, espaciado ou interlineado 1 ou 1,5. Máximo 8 ou 10 folios por unha soa cara, con anexos.

Páxinas ou diapositivas (entre 8-10 máis ou menos).Estructúrase como aparece aqui debaixo. Os puntos ou contidos do proxecto son:

1.-Portada (letra, imaxes,co paint...)

2.-Indice: páxinas por titulos e nº.é dicir numerar as páxinas onde se atopan os contidos!!

3.-Capacidades Fisicas básicas: Resistencia, forza, velocidade e flexibilidade, definicións curtas e sinxelas que vos entendades!!.

4.-O quecemento: tipos xeral e específico, pon un exemplo

5.-Articulacións.Sistema óseo e muscular: 20 ósos e músculos.

6.-Hábitos saudables: exercicio e dieta equilibrada (concepto).

7.-Lesións deportivas máis comúns.(esguinces, fracturas óseas,fisuras óseas, contusións..)

8.-Primeiros auxilios destas lesións máis comúns.

9.-Valoración da Ed.Fisica de Primaria: o que te gustou, non, que quiseras para o ano que ben etc...

10.-Bibliografía e anexos.