martes, 22 de septiembre de 2009

XXXIII CARREIRA PEDESTRE 2009 O CORREO

Neste comezo de curso estamos a preparar a participación na Carreira Popular Pedestre que organiza o Correo Galego na categoria de 10 a 14 anos.Os meus alumn@s de 5º e 6º están aproveitando este mes e medio para traballar de xeito lúdico as capacidades fisicas básicas e mais concretamente a resistencia aeróbica, e asi poder participar outro ano máis, nesta carreira,na que xa levamos uns cantos anos acadando moi bos resultados e premios e que tan ben eles representan o colexio.
É un dia de disfrute,xuntanza e deporte saudable.Cada un logrará a satisfación de acabar a carreira e de mellorar o tempo, a clasificación do ano anterior!!!.
Nas sesións deste mes e medio traballamos a capacidade aerobica,saber dosificar o esforzo e a satisfación que nos da a recompensa.¿Como? pois de maneira global e sin traballala especificamente, ben dende xogos,material diverso,circuitos e de vez en cando series de carreira continúa con pausas,series, e enseñandolles a tomar as pulsacións que lles sirvirá para lograr coñecer de xeito "sinxelo" os mecanismos que conleva este tratamento e o por qué nestas idades das capacidades fisicas basicas asi coma o sistema respiratorio e circulatorio e os aparatos implicados nelas.

domingo, 20 de septiembre de 2009

CONTIDOS 1º CICLO PRIMARIA

CONTIDOS DO 1º CICLO POR BLOQUES

BLOQUE 1:O CORPO: IMAXE E PERCEPCIÓN.
-Feitos:Esquema corporal:partes do corpo propias, alleas.Movementos, recoñocer.
Lateralidade propia.Allea(2ºE.P)
Percepción espacial: distancias respecto a un e aos demáis.
Percepcion temporal: duración-velocidade.
Actitude postural: equilibrio no chan e outras bases.
-Procedementos: Estratexias, afirmación, vivenciar, experimentación
-Actitudes, valores e normas: Valorar o propio corpo, e a súa riqueza de movementos, respecto compañeiros, iniciar sentido de responsabilidade, cooperación, malas posturas negativas (saúde)

BLOQUE 2:O CORPO: HABILIDADES E DESTREZAS.
-Feitos: Lanzamentos, recepcións, desprazamentos (salto), xiros, bote..
-Procedementos: lanzamentos, bote con e sen movemento, desprazamentos (saltos) (trepas), xiros.
-Actitudes, valores, normas: Aumentar confianza en si mesmo a través do dominio habilidades básicas.Disposición favorable, comenzar a valorar as tarefas.Saúde

BLOQUE 3:O CORPO: EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN
-Feitos: Posibilidades expresivas do corpo.Ritmo e movemento corporal.
-Procedementos: exploración e analise das posibilidades e recursos expresivos do corpo.Adecuación do movemento a secuencias rítmicas.
-Actitudes, valores e normas: Desinhibición e espontaneidade.Valoración da expresividade e comunicación do corpo.

BLOQUE 4:SAÚDE CORPORAL:
-Feitos: Hábitos de hixiene corporal e postural.Medidas de seguridade na utilización de espazos e materiais.
-Procedementos: Adquisición postura correcta, iniciación hábitos básicas de hixiene corporal, uso correcto de espazos e materiais.
-Actitudes, valores e normas:interese polo coidado do propio. Respecto do material e instalacións.

BLOQUE 5:OS XOGOS:
-Feitos: As formas espontáneas do xogo.Xogo como manifestación social.Iniciación deportiva, predeporte.
-Procedementos:Utilización formas xogadas, organización de situacións colectivas do xogo.-Actitudes, valores e normas:Valoración da participación física independiente dos resultados.Aceptación compañeiros-as nos xogos
PROGRAMACIONS DE ETAPA DA AREA DE ED.FISICA
OBXECTIVOS XERAIS DA PRIMARIA
1.- Coñecer e valorar o seu corpo e a actividade física como medio de explaración e goce das súas posibilidades motrices de relación cos demais e como recurso para organizar o tempo libre.
2.- Adoptar hábitos de hixiene, de alimentación, de posturas e exercicio físico, que manifiesten unha actitude responsable cara ao seu corpo e de respecto aos demáis, relacionando estos hábitos cos efectos sobre a saúde.
3.- Regular e dosificar o seu esforzo chegando a un nivel de autoesixencia acorde coas súas posibilidades e coa natureza da tarefa que se realiza, utilizando como criterio fundamental de valoración ese esforzo e non o resultado.
4.- Resolver problemas que esixan o dominio de patróns motrices básicos adecuándos aos estímulos ou seleccionando os movementos, previa valoración das súas posibilidades.
5.- Utilizar as súas capacidades físicas básicas e destrezas motrices e o seu coñecemento de estructura e funcionamento do corpo para a actividade física e para adaptar o momento ás circunstancias e condicions de cada situación.
6.- Participar en xogos e actividades establecendo relacións equilibradas e contructivas cos demais, evitando a discriminación por características persoais, sexuais, e sociais e tamén os comportamentos agresivos e as actitudes de rivalidade nas actividades competitivas.
7.- Coñecer e valorar a diversidade de actividades físicas e deportivas e os contornos nos que se desenvolven, participando na súa conservación e mellora.
8.- Utilizar os recursos específicos do corpo e do movemento para comunicar sensacións, ideas,estados de animo e comprender mensaxes de exito.


OBXECTIVOS XERAIS DA EDUCACIÓN FÍSICA
1.-Tomar conciencia do propio corpo
2.-Promover a adaptación ao contorno a traves do seu corpo.
3.-Potenciar as súas capacidades, perfeccionar habilidades e destrezas e mellorar o seu control e domino corporal.
4.-Identificar e utilizar as diferentes formas de expresión e comunicación.
5.-Valorar a actividade física no tempo libre como medio de divertimento, de coñecemento e de sentimento de satisfacción consigo mesmo.
6.-Cooperar en accions de equipo desde un eficaz traballo persoal, con actitude de tolerancia e respecto para os valores sociais, e tamén coñecer e identificar as actividades físicas de caracter socio-cultural propias da nosa Comunidade Autónoma.
7.-Aumentar a confianza en si mesmo e nas súas capacidades, desenvolvemento a autoesixencia, constancia e superación das propias limitacións.
8.-Fixar hábitos posturais por medio do desenvolvemento equilibrado do seu corpo, mellorar capacidades orgánico-funcionais e corrixir descompensacións de cara ao entretenemento e lecer.
9.-Coñecer, identificar e experimentar diferentes actividades na natureza de cara ao entretemento e lecer.

OBXECTIVOS XERAIS DO 1º CICLO
1.-Coñecer e identificar os segmentos corporais e a existencia dun espacio anterior e posterior en relación consigo mesmo.
2.-Coñecer as distintas destrezas básicas (saltos, xiros, lanzamentos e recepcións).
3.-Coñecer os desprazamentos e as súas traxectorias.
4.-Coñecer as distintas posibilidades expresivas corporais.
5.-Lograr a educación do ritmo en movemento de forma sinxela.
6.-Coñecer as distintas normas, rutinas e actividades no coidado do propio corpo.
7.-Utilizar o xogo como medio de socialización
8.-Identificar os diferentes graos de complexidade da actividade física(duración-distancia)
9.-Gozar da actividade fisica independientemente dos resultados.
10.Tomar conciencia de diversas situacións e sensacións de equilibrio.
11.Coñecer e percibir as vías (nasal e bucal) e fases (inspiración-apnea-expiración) respiratorias.
12.Interiorizar diferentes partes corporais por medio da relaxación.


OBXECTIVOS POR NIVEIS DO 1º CICLO POR BLOQUES

1º BLOQUE: O CORPO: IMAXE E PERCEPCION
OBXECTIVOS 1º CICLO. Nº 1,8,10

1º Nivel:Coñecer e identificar as distintas partes do corpo en si mesmo (ao introducir a lateralidade)
Coñecer os distintos movementos das diferentes partes do corpo en si msmo.
Identificar distancias con respecto a un mesmo ou a un obxecto.
Identificar distintos conceptos de duración e velocidade.
Experimentar situacións de equilibrio no chan ou en bases próximas a el.

2º Nivel:Afianzar o coñecemento das distintas partes do corpo en si mesmo e con relación aos demáis (consolidar a lateralidade propia).
Afianzar os distintos movementos das diferentes partes do corpo en si mesmo e con relación aos demais.
Identificar distancias con respecto a outros compañeiros.
Afianzar os conceptos de duración e velocidade.
Experimentar sensacións de equilibrio en diferentes bases de sustentación.

2º BLOQUE: O CORPO: HABILIDADES E DESTREZAS
OBXECTIVOS 1º CICLO: Nº 2,3

1º Nivel:Experimentar os distintos lanzamentos e recepcións, individualmente, en distintas posicions estáticas.
Experimentar os diferentes tipos de bote individual en distintas posicións estáticas
Iniciar os diferentes tipos de saltos no chan ou en diversas alturas, partindo dunha posición estática.
Iniciar os diversos desprazamentos, con distintas partes do corpo e pasando por diferentes superficies.
Xirar no chan con apoios totais ou parciais.
Rodar adiante ou atrás.

2º Nivel:Lograr capacidade para lanzar e recibir obxectos, ben dun mesmo ou ben dun compañeiro-a, en posicións estáticas.
Lograr capacidade para botar en desprazamento.
Tomar conciencia dos diversos desprazamentos e das súas combinacións.
Controlar os movementos do corpo ao se desprazar por saltos.
Iniciar os saltos dinámicos en altura e lonxitude con dificultade baixa.
Iniciar xiros no eixe lonxitudinal con desprazamentos.
Voltear adiante.

3º BLOQUE: O CORPO:EXPRESIÓN E COMUNICACIÓN
OBXECTIVOS 1º CICLO: Nº 4,5

1º Nivel:Explorar as posibilidades e recursos expresivos do propio corpo.
Coñecer as distintas cualidades do movemento a través de estímulos rítmicos.
Satisfacer o pracer de se mover.

2º Nivel:Adaptar o movemento corporal a secuencias rítmicas sinxelas.
Desenvolver as capacidades expresivas dun xeito esp´ntaneo e libre a través do corpo.

4º BLOQUE: SAÚDE CORPORAL
OBXECTIVOS 1º CICLO: Nº 6

1º Nivel:Adquirir o hábito dunha postura correcta e boa.
Iniciar os hábitos básicos de hixiene corporal.

2º Nivel:Adquirir a capacidade para coidar a saúde pola formación de hábitos.
Inicialos na correcta utilización de espacios e materiais.

5º BLOQUE: OS XOGOS
OBXECTIVOS 1º CICLO: 7, 9

1ºNivel: Fomentar o uso das formas espontáneas de xogo.
Aceptar a todo tipo de compañeiros-as nos xogos e nas actividades de grupo.
Fomentar o xogo como fenómeno social e cultural.

2ºNivel:Utilizar a forma xogada como desenvolvementpo das capacidades perceptivas e motrices.
Practicar xogos de execución moi sinxela.
Utilizar o xogo como medio de socilalización.

COMEZAMOS O CURSO 2009-10

COMEZAMOS O CURSO
Hola a tod@s!!!!!!Primeiro decirvos que son novo nisto dos blogs e por iso non controlo moito, polo de agora!!.Logrei crear un blog do colexio onde traballo xa fai 20 anos,dende a etapa de monitor a de mestre actualmente, para "axudar" os meus alumn@s, a curiosos,profesionais,educadores,maestros e todos aqueles que sintan a educación fisica coma unha parte importante da escolaridade e da formación das persoas dende o xogo e o movemento.Sírvenos tamén para estar en permanente actualización formativa nos anos que corren.
Con este blog intentarei solidariedade e dicir: "dar e recibir", publicar algúns traballos persoais, aportar información e acoller tamén intercambio de opinións,suxerencias e outros, para facer de el, un lugar de encontro de toda a comunidade educativa.
Entre todos poderemos conseguir tal fin.
Toda a información xira entorno a Educación Primaria e mais concretamente a área de Ed.Fisica.
Por que en galego?pois porque nesta lingua non existen moitos referentes tanto de traballos, coma documentos, experiencias,estudos, etc desta área en concreto.
Intento tamén revalorizar a Educación Fisica de Primaria, como disciplina global,integral,formativa,e sobre todo necesaria pola cantidade de valores que representa.
Por iso todos anímovos a PARTICIPAR de esta estupenda experiencia!!!Gracias.