martes, 22 de septiembre de 2009

XXXIII CARREIRA PEDESTRE 2009 O CORREO

Neste comezo de curso estamos a preparar a participación na Carreira Popular Pedestre que organiza o Correo Galego na categoria de 10 a 14 anos.Os meus alumn@s de 5º e 6º están aproveitando este mes e medio para traballar de xeito lúdico as capacidades fisicas básicas e mais concretamente a resistencia aeróbica, e asi poder participar outro ano máis, nesta carreira,na que xa levamos uns cantos anos acadando moi bos resultados e premios e que tan ben eles representan o colexio.
É un dia de disfrute,xuntanza e deporte saudable.Cada un logrará a satisfación de acabar a carreira e de mellorar o tempo, a clasificación do ano anterior!!!.
Nas sesións deste mes e medio traballamos a capacidade aerobica,saber dosificar o esforzo e a satisfación que nos da a recompensa.¿Como? pois de maneira global e sin traballala especificamente, ben dende xogos,material diverso,circuitos e de vez en cando series de carreira continúa con pausas,series, e enseñandolles a tomar as pulsacións que lles sirvirá para lograr coñecer de xeito "sinxelo" os mecanismos que conleva este tratamento e o por qué nestas idades das capacidades fisicas basicas asi coma o sistema respiratorio e circulatorio e os aparatos implicados nelas.