lunes, 15 de septiembre de 2014

Ficheiro curso 2014/15

Ao longo deste trimestre  teremos que elaborar un ficheiro individual e de clase, das sesións de Ed.Física. Neste ficheiro recolleremos as activades, sesións, exercicios, tests, probas, incidencias,asistencia, uniforme, lesións, e todo o que faga referencia a área neste curso.Ten un formato a modo diario que nos servirá a vos e a min para avaliar a vosa aprendizaxe e ensinanza (valora tamén actitudes, competencias, e aptitudes)
Con este recurso pretendemos unha avaliación máis obxectiva e global (integradora) da área, así coma valorar as competencias básicas o clave nos cursos da Lomce (5º) de cada un.
Xa vos contarei un pouco máis sobre este tema en entradas posteriores e na aula.


Proxecto de fin de curso 2014/2015

Benvid@s a todos ao novo curso de 6º de Primaria e ao meu blog de Ed.Física.

Como xa comentei estos días nas clases, aquí temos unha ferramenta de consulta e onde podedes buscar a información para o proxecto final de Ed.Física para os meus alumn@s de 6º de Primaria.
Este traballo resume ou recolle dun xeito gráfico, a teoría e práctica, da Ed.Física de Primaria.Pretende afianzar uns contidos teóricos que dalgunha maneira  trataredes nos cursos superiores e ademáis sirveme coma avaliación (autoavaliación para min) do meu quefacer diario nesta profesión e nesta especialidade. Grazas.

Podo resumir este traballo e dar a seguintes pautas ou orientacións para levalo a cabo.Leede con atención para saber como debes facelo!!!!.Sería así:

O formato de entrega (data tope é o 12 de xuño do 2015) será:
-Papel impreso
-Nun pendrive (ben nun documento de word ou en PPT).


As pautas e indicacións para elaborar esta tarefa (ver estas liñas de abaixo):


Pautas ou indicacións para facelo:

Páxinas ou diapositivas (entre 8-12 páxinas máis ou menos si está en word, e algunha máis en powerpoint.).Estructúrase como aparece aqui debaixo. Os puntos ou contidos do proxecto son:

1.-Portada (letra, imaxes, título, co pain, word, ppt...)

2.-Indice: páxinas por titulos e nº.é dicir numerar as páxinas onde se atopan os contidos!!

3.-Capacidades Fisicas básicas: Resistencia, forza, velocidade e flexibilidade, definicións curtas e sinxelas que vos entendades!!.

4.-O quecemento: definición.Tipos xeral e específico, pon un exemplo

5.-ArticulaciónsSistema óseo e muscular: Definicións de: articulación (tipos), óso (tipos) e músculo (tiposs).Engadir 20 ósos e 20 músculos..Imaxes (ou en anexos)

6.-Hábitos saudables: exercicio e dieta equilibrada (concepto).Información curta.

7.-Lesións deportivas máis comúns.(esguinces, fracturas óseas,fisuras óseas, contusións..).
Definicións e tipos.

8.-Primeiros auxilios destas lesións máis comúns. Só das lesións do punto anterior.Frases curtas!!.

9.-Valoración da Ed.Fisica de Primaria: "crítica en positivo" da área, das sesións, do que che gustou, ou o que non, que quiseras para o ano que ben etc...

10.-Bibliografía e anexos. De onde sacaches a información.

Os puntos 3 ao 9 deben estar obrigatoriamente incluídos no proxecto, sen esquecer ou omitir ningún.Repito, esta estructura ou puntos a tratar non poden pasarse por alto, así como a portada, o indice e a bibliografía para realizar un bo traballo e unha correcta presentación. Os contidos que sexan adapatados a vosa idade, non vale copiar e pegar por exemplo da wikipedia!!!