lunes, 17 de octubre de 2016

Proxecto Final 6º curso 2016-17

Ola rapaces!!,
Como xa falamos no comezo de curso, tedes que entregar o proxecto dixital de contidos de Ed. Física para mediados de xuño do 2017. Data límite de entrega o día 20 (23:59 h).
Pautas para facelo e entregalo.
A presentación desta tarefa recórdovos que pode ser nos seguintes formatos e que me podedes consultar tanto a min e a o profesor de informática en canto a dudas técnicas ou de programas a empregar:
Formatos:
1.-Nun documento de word (ben impreso en papel ou nun archivo nun pendrive que pegaremos no escritorio do ordenador da aula, na carpeta de Ed.Física).Tamaño de letra 12, e tipos: Arial, Times New R, Calibri.
2.-Nunha presentación en PPT (power point), tamén a mesmo que no caso anterior: impreso en papel ou en pendrive (tamaño de letra será maior claramente).
3.-Prezzi o outros programas similares.
4.-En folios, sen grapar, escrito a man.

Idioma: galego ou castelán (como queirades vos).

Como:
-Podedes facelo: individualmente, por parellas, cos do grupo cooperativo ou grupos de tres ou catro compañeiros  máximo.Si o equipo cooperativo é de 5 si sería posible.

Repito coma xa disen: pídovos definicións curtas, sinxelas, adapatadas a voso nivel, que vos seades capaces de comprender, nada de copiar e pegar a wikipedia "enteira" por exemplo!!, sinxelas, non olvides ningún punto, boa presentación, orde e ortografía etc.

Ollo avaliación!!!:Servirá para subir a nota cuantitativamente (nº) como cualitativamente é dicir na actitude.

Os puntos son:
1.-Portada
2.-Indice
3.-Capacidades físicas básicas: Resistencia, velocidade, forza e flexibilidade.
4.-O quecemento: tipos.
5.-Sistema muscular e óseo.Lista e/ou imaxes de 20 ósos e 20 músculos máis coñecidos en Ed.Física.
Definición de: óso (tipos), músculo (tipos), articulación (tipos), cartílago de crecemento.
6.- Hábitos saudables, dieta e exercicio. Beneficios. (algunhas liñas sobre elo).
7.- Lesións deportivas máis comúns: esguince, fractura ósea, fisura ósea, contusión, rotura de fibras, fractura do cartílago de crecemento (lesión:exemplo: a enfermidade de Sever)
8.- Primeiros auxilios de este tipo de lesións (do punto 7).
9.-Valoración da área de Ed.Física, ou das sesións das clases de ed.fisica.
10.-Como te gustaría que fosen as clases de educación física para o ano que ven?.Explica como serían.