Ao longo deste trimestre teremos que elaborar un ficheiro individual e de clase, das sesións de Ed.Física. Neste ficheiro recolleremos as activades, sesións, exercicios, tests, probas, incidencias,asistencia, uniforme, lesións, e todo o que faga referencia a área neste curso.Ten un formato a modo diario que nos servirá a vos e a min para avaliar a vosa aprendizaxe e ensinanza (valora tamén actitudes, competencias, e aptitudes)
Con este recurso pretendemos unha avaliación máis obxectiva e global (integradora) da área, así coma valorar as competencias básicas o clave nos cursos da Lomce (5º) de cada un.
Xa vos contarei un pouco máis sobre este tema en entradas posteriores e na aula.