domingo, 20 de septiembre de 2009

COMEZAMOS O CURSO 2009-10

COMEZAMOS O CURSO
Hola a tod@s!!!!!!Primeiro decirvos que son novo nisto dos blogs e por iso non controlo moito, polo de agora!!.Logrei crear un blog do colexio onde traballo xa fai 20 anos,dende a etapa de monitor a de mestre actualmente, para "axudar" os meus alumn@s, a curiosos,profesionais,educadores,maestros e todos aqueles que sintan a educación fisica coma unha parte importante da escolaridade e da formación das persoas dende o xogo e o movemento.Sírvenos tamén para estar en permanente actualización formativa nos anos que corren.
Con este blog intentarei solidariedade e dicir: "dar e recibir", publicar algúns traballos persoais, aportar información e acoller tamén intercambio de opinións,suxerencias e outros, para facer de el, un lugar de encontro de toda a comunidade educativa.
Entre todos poderemos conseguir tal fin.
Toda a información xira entorno a Educación Primaria e mais concretamente a área de Ed.Fisica.
Por que en galego?pois porque nesta lingua non existen moitos referentes tanto de traballos, coma documentos, experiencias,estudos, etc desta área en concreto.
Intento tamén revalorizar a Educación Fisica de Primaria, como disciplina global,integral,formativa,e sobre todo necesaria pola cantidade de valores que representa.
Por iso todos anímovos a PARTICIPAR de esta estupenda experiencia!!!Gracias.