lunes, 25 de marzo de 2013

Acrosport

Neste 3º trimestre ou avaliación imos a ter novo deporte ou actividade física: o acrosport:

Acrosport:
É un deporte acrobático-coreográfico (arte de compoñer bailes), xa que nos seus exercicios intégranse tres
elementos fundamentais:
• Formación de figuras ou pirámides corporais.
• Realización de habilidades ximnásticas de suelo (saltos, xiros e equilibrios) que son utilizadas como transicións de unhas figuras a outras.
• Música, que apoia ao compoñente coreográfico de combinación de los elementos anteriores.

Tamén pódese definir como un deporte cooperativo, onde existe sempre a presencia de varios compañeiros que sincronizan as súas accións motrices nun espazo estable reglado, para conseguir a realización de figuras ou pirámides humanas.
Vexamos a continuación a diferencia entre os conceptos de figura e pirámide:
- As figuras corporais son formaciones estéticas realizadas entre tódolos compoñentes sen estar uns
encima de outros.
- As pirámides implican sempre unha estructura de ao menos dous pisos, sendo a base máis amplia que a cima.

Como deporte de competición que é, o acrosport presenta as seguintes características
xenerais:
-Categorías nas que se pode competir: parellas femininas, parellas masculinas, parellas mixtas, tríos femininos e cuartetos masculinos.
-Os elementos de equilibrios e saltos acrobáticos constitúen a parte principal do exercicio, formando un conxunto armonioso e rítmico con outros elementos ximnásticos de flexibilidade e danza.

-O exercicio realízase nunha superficie de 12 x 12 metros e con acompañamento musical.
-A duración do exercicio será de 2 minutos e 30 segundos.
-A diferencia de idade entre o “portor” e o “acróbata” non debe ser superior aos 10 anos

Hai diferentes presas ou agarres de mans (como agarrarse ) que xa veremos noutro artigo aqui.
Comezaremos con pirámides sinxelas.