lunes, 25 de marzo de 2013

O quecemento

O quecemento é o conxunto de actividades previas ao entrenamento e/ou competición, que ten como finalidade preparar á persoa para o esforzo que vai a realizar posteriormente.

O quecemento ten uns efectos sobre o organismo:
• Posibilita que o corazón comece a latir máis deprisa enviando polo tanto, máis sangue aos músculos.
 • Permite que os pulmóns capten máis oxíseno, o cal, é necesario para o exercicio.
 • Aumenta a temperatura nos músculos facilitando así os seus movementos.

Os obxectivos básicos do quecemento son:
 • Preparar ao individuo física, fisiolóxica e psicolóxicamente para un posterior esforzo.
 • Evitar o risco de lesións.

Debemos comezar con unha carreira continúa ou cunhas actividades de movilidade articular. Ver imaxe.


FASES DO QUECEMENTO.
O quecemento ten dúas fases principais:
a) Quecemento xeral: cuio obxectivo debe ser a estimulación xeral do organismo. Esta fase está constituida por exercicios e/ou xogos de carácter xeneral que comporten unha intensidade suave ou moderada e que manifesten o máximo número de grupos musculares.

b) O quecemento específico: o seu obxectivo é a adaptación específica do organismo. Esta fase contempla exercicios e/ou xogos de carácter específico da práctica posterior a realizar. (Por exemplo, entradas a canasta en baloncesto,tiros a porta, ou un drive en tenis).

PAUTAS PARA O DESENROLO
Duración: un quecemento correcto non debe durar menos de 15-20 minutos; namentres, na clase –por falta de tempo- reducímolo a 10-12 minutos.
Intensidade e progresión: ao comenzo a intensidade será baixa e iremola subindo de forma suave. A intensidade idónea é a que nos manten unha frecuencia cardiaca de 130 a 150 pulsacións.