miércoles, 30 de septiembre de 2015

Proxecto Curso 2015-2016 para 6º de Primaria

Ola a tod@s!!,
Deixo aquí o guión do traballo, do proxecto final de 6º curso de Primaria para este curso 2015-2016.
Como xa vos comentei no mes de setembro, o guión de este ano sufríu algunha pequena modificación.
A presentación desta tarefa recórdovos que pode ser nos seguintes formatos:
-Nun documento de word (ben impreso en papel ou nun archivo nun pendrive que pegaremos no escritorio do ordenador da aula).Tamaño de letra 12, e tipos: Arial, Times New R, Calibri.
-Nunha presentación en PPT (power point), tamén a mesmo que no caso anterior: impreso en papel ou en pendrive.
-En folios, sen grapar, escrito a man.
-Podedes facelo: individualmente, por parellas, grupo cooperativo ou de tres compañeiros.
Repito coma xa disen: definicións curtas, que vos seades capaces de comprender, nada de copiar e pegar a wikipedia etc...e entrega ata o 10 de xuño do 2016 ( incluído).

Os puntos son:
1.-Portada
2.-Indice
3.-Capacidades físicas básicas: Resistencia, velocidade, forza e flexibilidade.
4.-O quecemento: tipos.
5.-Sistema muscular e óseo.Lista de 20 ósos e 20 músculos máis coñecidos en Ed.Física.
Definición de: óso (tipos), músculo (tipos), articulación (tipos), cartílago de crecemento.
6.- Hábitos saudables, dieta e exercicio. Beneficios. (algunhas liñas sobre elo).
7.- Lesións deportivas máis comúns: esguince, fractura ósea, fisura ósea, contusión, rotura de fibras, fractura do cartílago de crecemento (lesión:exemplo: a enfermidade de Sever)
8.- Primeiros auxilios de este tipo de lesións (do punto 7).
9.-Valoración da área de Ed.Física, ou das sesións das clases de ed.fisica.
10.-Como te gustaría que fosen as clases de educación física para o ano que ven?.Explica como serían.