Aqui vos deixo algunhas regras ou claves para manexarte pola Rede,para evitar problemas,prevenir riscos asociados o uso de Internet(contidos nocivos,depredadores sexuais,estafas..)
A Rede é un extraordinario recurso e, por elo,prohibir o seu uso é unha equivocación.Tamén é un erro mira cara outro lado,pensar que non existen certos riscos ou que non se pode facer nada para evitalos.
É a nosa responsabilidade tomar cartas no asunto, poñer os medios para que os nenos e nenas fagan un emprego seguro e saudable de Internet.E canto antes o fagamos, mellor.
Son dez as claves para o uso de internet con seguridade:
1.-Non des datos persoais: nin túa,nin da familia ou amistades;nome,direccion,teléfono,aficións,centro escolar.Tampouco enies fotos ou videos.
2.-Non facilites con frecuencia a dirección do email: so a quen coñeces ou confies.Nin a túas amistades sen permiso.E bo ter dúas contas, unha uso persoal outra para rexistrarse en páxinas,concursos..
3.-Ten coidado cos ficheiros que te cheguen por sorpresa.Bórralo si é de un descoñecido(poden ser virus tamén).
4.-Escapate do Spam: publicidade.
5.-Mantén a túa clave en secreto.Cambia de vez en cando
6.-Si te molestan pide axuda.Linguaxe grosero,cousas que molestan,ou envíante imaxes desagradables dillo aos teus pais.Non respondas a provocacións.
7.-Nunca te cites por primeira vez con alguien a solas.Si coñeceste a alguen na rede,da igual quen sexa,nunca quedes con esa persoa sen a compañia da túa nai ou pai.
8.-Non te creas os chollos e regalos.
9.-Confía sempre no teu pai e na tua nai.desconfia de quen te diga o contrario.
10.-Alguen descoñecido non é o teu amigo ou amiga: ainda que trates con unha persoa por email ou chat durante tempo, si solo o coñeces a través de internet non podes pensar que é a túa amiga, ainda que ela así o crea e ati cho pareza.!!
Os riscos de Internet poder atender a clasificación denominada NDA
N uso normal: cando os riscos se producen por unha utilización razoable da Rede: riscos por contacto,contido ou por causas comerciais.
D Uso delictivo: consecuencias legais ou y penais-
A Uso abusivo: risco cando o seu orixe no excesivo tempo que se emplea en Internet.(riscos para a saude fisica e mental (obesidade,trastornos visuais,musculo-esqueleticos..., Aillamento,falta de desenrolo de habilidades sociais,visión deformada da realidade,cambios de conducta,adicción ou dependencia acusada...)